WHAT COLOUR IS THE SEA?

Se queredes saber de que cor é a mar, invitámosvos a facer esta actividade LIM sobre o conto "What colour is the sea?". Os debuxos son dos nenos e nenas de 6º de primaria e os textos adaptados do alumnado de 4º. Boa Sorte!!!

 

Unha experta na materia


Alba da clase de 5 anos xa é toda unha experta no tema da AUGA! 

video

Os misterios da auga

Parece que os nenos e nenas de Chans están resolvendo sen problemas todos os misterios de Pinga! Hai algún que aínda non descubriches? Entra nos "misterios da auga" e resolve as túas dúbidas!


Concurso de FOTOGRAFÍA CREATIVA

Aínda estades a tempo de participar no II concurso de fotografía creativa da escola!
Presenta a túa foto antes do venres
10 de maio!
 
 

Acuario

Xa visitástedes o acuario que fixeron os nenos e nenas de 6º na clase de ART? Podedes consular as diferentes especies no panel que hai na entrada da biblioteca. Aparecen os nomes en tres linguas distintas!
 
 


 

Día do libro 2013

Quedou incríble a torre de libros que fixemos entre toda a escola polo día do Libro! Xa atopaches o teu?           
 
 

AUGA DE VIDA EN ZAMBIA

O día 2 de maio o alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria recibiron unha visita moi especial. O misioneiro José  Gándara, que leva 13 anos en Zambia, contounos moitas cousas interesantes sobre como é a vida das persoas qeu viven nese territorio africano. Chamounos moito a atención as consecuencias que ten a escaseza de auga potable e saneamentos  na saúde dos nenos e nenas  que contraen enfermidades moi graves por beber auga contaminada.